martes, 17 de noviembre de 2020
CESTAS de POESÍA e IGUALDADE
As nosas FRASES de CONTO!
Vos presentamos o resultado final do 2º reto
proposto por Leolea ao alumnado do centro.
Agardamos que o disfrutedes!
2º RETO de LEOLEA
😸 Ola de novo, nenos e nenas de Tenorio:
Estades feitos uns pequenos artistas; emocionoume ver a cantidade de traballiños que me fixestes chegar no primeiro reto.
Como agasallo, prepareivos unha presentación que vos deixo no apartado da biblioteca da web do voso cole . Agardo que a disfrutedes!
Aproveito tamén para presentarvos un NOVO RETO
Gustaríame que enviásedes unha FRASE DE CONTO que vos guste especialmente por parecervos interesante, divertida, chea de lembranzas, …
A modo de exemplo déixovos aquí a miña .
- FRASE: “O pasado pode doer, pero tal como eu o vexo, podes fuxir del ou aprender”
- LIBRO: O rei león.
- AUTOR: Linda Woolveerton, Irene Mecchi e Jonathan Roberts
- POR QUE É UNHA DAS MIÑAS FAVORITAS?: Porque sempre meus pais me explicaban o importante de ser forte ,de non fuxir dos problemas (sobre todo os dos profes de mates) e aprender dos meus erros. Así acadei pouco a pouco vencer os meus medos. Agora son un dos animais máis fortes e valentes!
- IMAXE DO CONTO:
Un forte ruxido para todos vós! .
lunes, 26 de octubre de 2020
Cestas temáticas: O MEDO
Feliz Día das Bibliotecas!
Que mellor que celebralo cun chisquiño de lectura!
Para elo, a vosa biblioteca preparou unhas cestiñas temáticas
cheas de fantásticas historias.
Que pode apetecer mais nestes días chuviñentos?
Desta vez o tema central será: O MEDO!!!!
Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns dos títulos que atoparedes nelas.
2º, 3º e 4º
5º e 6º
Agardo que as disfrutedes nos vosos tempos de lectura.
Unha gran aperta ,
martes, 20 de octubre de 2020
ÚLTIMAS NOVIDADES LECTORAS
Boas tardes pequenos lectores!
Aquí vos deixo os novos títulos que acabamos de incorporar a nosa bilioteca.
Pronto visitarei as vosas aulas para deixar que disfrutedes coa lectura dalgúns deles.
EN INGLÉS...
lunes, 19 de octubre de 2020
CARTA e novo RETO de LEOLEA
Ola nenos e nenas do cole de Tenorio!
Por fin podemos volver a estar xuntos! Canto vos extrañei!
Neste curso tan especial non podemos recibir nin bicos nin apertas, mais podemos mostrar o agarimo de moitas outras maneiras.
O que mais me gusta do mundo é poder compartir convosco a miña paisón pola lectura e pensei que unha boa forma de facelo sería propoñervos pequenos desafíos relacionados cos libros.
Estades preparados? Seguro que si!
Sei que sodes uns valentes e os superaredes sen problema.
As vosas creacións deberédelas fotografiar e enviar antes do 30 de outubro ao meu correo electrónico: abibliodeleolea@gmail.com
Coas imaxes que reciba, e coa axuda da nosa auxiliar de conversa Elysse, darémoslle vida a unha nova versión desta historia, a cal compartiremos con todos vós a través do noso blog da biblioteca.
Biquiños grandes,
Leolea
PD: Para a semana do Samaín deixareivos preparada na nosa biblio un photocall misterioso. Ide escollendo algunha das lecturas das cestiñas de medo e ensaiade as vosas poses arrepiantes. Que o voso mestre vos saque unha foto e...Polo Samaín... tremeremos coa misteriosa presentación con todas elas.
(Prepareivos este collage con diversas propostas que vos servirán de inspiración)
lunes, 22 de junio de 2020
VISITAS VIRTUAIS A MUSEOS DO MUNDO
MUSEO VAN GOGH
PABLO PICASSO.
jueves, 28 de mayo de 2020
POEMAS DENDE AS NOSAS CASAS
domingo, 24 de mayo de 2020
O MEU LIBRO PREFERIDO
domingo, 17 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
miércoles, 13 de mayo de 2020
"MONSTRO ROSA" de Olga de Dios
jueves, 7 de mayo de 2020
O CLUB DAS LERCHIÑAS
- María Lado e Lucía Aldao- 9 de maio
- Bea Campos- 16 de maio
- Andrea Bayer- 23 de maio
- Paula Carballeira- 30 de maio
- Ledicia Costas- 6 de xuño
miércoles, 29 de abril de 2020
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
jueves, 23 de abril de 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO
Un Xabi de chocolate Ledicia Costas |
Técnicas escritura creativa |
Revista Asterix |
Propostas lectura por idades |
Descargas en pdf para toda a familia |
"O mellor corto do mundo para fomentar a lectura" |
lunes, 20 de abril de 2020
ADIVIÑA CANTO TE QUERO
miércoles, 15 de abril de 2020
UN ENTROIDO CON MOITA ARTE
jueves, 2 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO INFANTIL
viernes, 27 de marzo de 2020
RECURSOS ARREDOR DA LECTURA
miércoles, 25 de marzo de 2020
CON MOITAS GANAS DE VÓS
domingo, 22 de marzo de 2020
O AMOR
lunes, 16 de marzo de 2020
A NOSA NOVA MASCOTA
Este mércores tivo lugar na biblio a presentación da nosa nova mascota: Leolea, nome proposto polo alumnado, por suposto. Ademais os nenos e nenas recibiron os seus novos carnés da biblioteca para poder facer o préstamo de xeito informatizado e completamos a formación de usuarios iniciada no pasado trimestre.
Ruxidos fortes para todos!
CESTAS de POESÍA e IGUALDADE
Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...
-
Ahí vai o vídeo feito polos profes para o noso alumnado con todo o agarimo do mundo... Temos moitas ganas de vós, de que o voso bullici...
-
Feliz Día das Bibliotecas! Que mellor que celebralo cun chisquiño de lectura! Para elo, a vosa biblioteca preparou unhas cestiñas temá...
-
Ola nenos e nenas do cole de Tenorio! Por fin podemos volver a estar xuntos! Canto vos extrañe...