martes, 17 de noviembre de 2020

2º RETO de LEOLEA

😸 Ola de novo, nenos e nenas de Tenorio: 

Estades feitos uns pequenos artistas; emocionoume ver a cantidade de traballiños  que me fixestes chegar no primeiro reto. 

Como agasallo, prepareivos unha presentación que vos deixo no apartado da  biblioteca da web do voso cole . Agardo que a disfrutedes! 

Aproveito tamén para presentarvos un NOVO RETO 

Gustaríame que enviásedes unha FRASE DE CONTO que vos guste  especialmente por parecervos interesante, divertida, chea de lembranzas, … 

A modo de exemplo déixovos aquí a miña . 

- FRASE: “O pasado pode doer, pero tal como eu o vexo, podes fuxir del ou  aprender” 

- LIBRO: O rei león. 

- AUTOR: Linda Woolveerton, Irene Mecchi e Jonathan Roberts 

- POR QUE É UNHA DAS MIÑAS FAVORITAS?: Porque sempre meus pais me  explicaban o importante de ser forte ,de non fuxir dos problemas (sobre todo os  dos profes de mates) e aprender dos meus erros. Así acadei pouco a pouco  vencer os meus medos. Agora son un dos animais máis fortes e valentes! 

-  IMAXE DO CONTO:  




                                                                    Un forte ruxido para todos vós!                           .                                                                                               


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...