martes, 17 de noviembre de 2020
CESTAS de POESÍA e IGUALDADE
As nosas FRASES de CONTO!
Vos presentamos o resultado final do 2º reto
proposto por Leolea ao alumnado do centro.
Agardamos que o disfrutedes!
2º RETO de LEOLEA
😸 Ola de novo, nenos e nenas de Tenorio:
Estades feitos uns pequenos artistas; emocionoume ver a cantidade de traballiños que me fixestes chegar no primeiro reto.
Como agasallo, prepareivos unha presentación que vos deixo no apartado da biblioteca da web do voso cole . Agardo que a disfrutedes!
Aproveito tamén para presentarvos un NOVO RETO
Gustaríame que enviásedes unha FRASE DE CONTO que vos guste especialmente por parecervos interesante, divertida, chea de lembranzas, …
A modo de exemplo déixovos aquí a miña .
- FRASE: “O pasado pode doer, pero tal como eu o vexo, podes fuxir del ou aprender”
- LIBRO: O rei león.
- AUTOR: Linda Woolveerton, Irene Mecchi e Jonathan Roberts
- POR QUE É UNHA DAS MIÑAS FAVORITAS?: Porque sempre meus pais me explicaban o importante de ser forte ,de non fuxir dos problemas (sobre todo os dos profes de mates) e aprender dos meus erros. Así acadei pouco a pouco vencer os meus medos. Agora son un dos animais máis fortes e valentes!
- IMAXE DO CONTO:
Un forte ruxido para todos vós! .
CESTAS de POESÍA e IGUALDADE
Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...
-
Un libro é un soño que tes nas túas mans. O noso alumnado quere facervos partícipes dos seus soños decindo cal é o seu libro prefer...
-
Monstro rosa é moi querido polo noso alumnado de Infantil, esperta neles unha chea de sentimentos: agarimo, ledicia, pena, amor... ...
-
Como #quedamosnacasa, o Equipo de Biblioteca elaborou un pequeno banco de recursos onde recollemos actividades relacionadas coa lectura, ...




