jueves, 28 de mayo de 2020

POEMAS DENDE AS NOSAS CASAS





A distancia une. Ou así pensan os nosos alumnos, que dende a soidade do confinamento puideron elaborar esta preciosa poesía ilustrada que presentamos neste vídeo.

domingo, 24 de mayo de 2020

O MEU LIBRO PREFERIDO



https://drive.google.com/file/d/1I983vZatJAVGAmkAcLs5mIkVcrDxieWY/view


Un libro é un soño que tes nas túas mans. O noso alumnado quere facervos partícipes dos seus soños decindo cal é o seu libro preferido. Esperamos que disfrutedes con este video feito con moito agarimo.



domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


Hoxe é un día moi especial para nós e para as nosas letras. Como cada 17 de maio celebramos o día da nosa lingua. Nestas datas o noso cole énchese de actividades, celebracións e representacións arredor do homenaxeado. Este ano debido ás circunstancias, aplazaremos esa gran celebración pero desde as nosas aulas virtuais seguimos traballando en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado deste 2020.
Carvalho Calero foi un dos autores máis relevantes da cultura galega do século XX que destaca polo seu compromiso coa nosa lingua, polos seus ensaios sobre a  literatura galega e pola súa poesía e teatro.
Moi feliz día e apertas fortes de Leolea!

miércoles, 13 de mayo de 2020

"MONSTRO ROSA" de Olga de Dios



Monstro rosa é moi querido polo noso alumnado de Infantil, esperta neles unha chea de sentimentos: agarimo, ledicia, pena, amor...
Neste vídeo podedes ver as fantásticas versións deste gran monstro....

Moitos bicos de Leolea!





jueves, 7 de mayo de 2020

O CLUB DAS LERCHIÑAS


"O club das lerchiñas" é unha proposta enmarcada na campaña de lecer e formación #aculturasegue da Xunta. Esta iniciativa comezará a súa andadura o 9 de maio cunha emisión en liña todos os sábados ata o 6 de xuño.
Entre as lerchiñas atopamos a 6 contadoras galegas  de luxo, coñecidas e admiradas polo público infantil:
  • María Lado e Lucía Aldao- 9 de maio
  • Bea Campos- 16 de maio
  • Andrea Bayer- 23 de maio
  • Paula Carballeira- 30 de maio
  • Ledicia Costas- 6 de xuño
Como vedes, unha idea xenial para gozar os sábados en familia!

Ruxidos fortes de Leolea


CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...