domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


Hoxe é un día moi especial para nós e para as nosas letras. Como cada 17 de maio celebramos o día da nosa lingua. Nestas datas o noso cole énchese de actividades, celebracións e representacións arredor do homenaxeado. Este ano debido ás circunstancias, aplazaremos esa gran celebración pero desde as nosas aulas virtuais seguimos traballando en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado deste 2020.
Carvalho Calero foi un dos autores máis relevantes da cultura galega do século XX que destaca polo seu compromiso coa nosa lingua, polos seus ensaios sobre a  literatura galega e pola súa poesía e teatro.
Moi feliz día e apertas fortes de Leolea!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...