"O club das lerchiñas" é unha proposta enmarcada na campaña de lecer e formación #aculturasegue da Xunta. Esta iniciativa comezará a súa andadura o 9 de maio cunha emisión en liña todos os sábados ata o 6 de xuño.
Entre as lerchiñas atopamos a 6 contadoras galegas de luxo, coñecidas e admiradas polo público infantil:
- María Lado e Lucía Aldao- 9 de maio
- Bea Campos- 16 de maio
- Andrea Bayer- 23 de maio
- Paula Carballeira- 30 de maio
- Ledicia Costas- 6 de xuño
Como vedes, unha idea xenial para gozar os sábados en familia!
Ruxidos fortes de Leolea
No hay comentarios:
Publicar un comentario