Ola nenos e nenas do cole de Tenorio!
Por fin podemos volver a estar xuntos! Canto vos extrañei!
Neste curso tan especial non podemos recibir nin bicos nin apertas, mais podemos mostrar o agarimo de moitas outras maneiras.
O que mais me gusta do mundo é poder compartir convosco a miña paisón pola lectura e pensei que unha boa forma de facelo sería propoñervos pequenos desafíos relacionados cos libros.
Estades preparados? Seguro que si!
Sei que sodes uns valentes e os superaredes sen problema.
As vosas creacións deberédelas fotografiar e enviar antes do 30 de outubro ao meu correo electrónico: abibliodeleolea@gmail.com
Coas imaxes que reciba, e coa axuda da nosa auxiliar de conversa Elysse, darémoslle vida a unha nova versión desta historia, a cal compartiremos con todos vós a través do noso blog da biblioteca.
Biquiños grandes,
Leolea
PD: Para a semana do Samaín deixareivos preparada na nosa biblio un photocall misterioso. Ide escollendo algunha das lecturas das cestiñas de medo e ensaiade as vosas poses arrepiantes. Que o voso mestre vos saque unha foto e...Polo Samaín... tremeremos coa misteriosa presentación con todas elas.
(Prepareivos este collage con diversas propostas que vos servirán de inspiración)
No hay comentarios:
Publicar un comentario