lunes, 22 de junio de 2020

VISITAS VIRTUAIS A MUSEOS DO MUNDO

Dado que o tema para traballar durante este ano era o xogo a través da arte  e que non foi posible realizar o traballo por completo debido á emerxencia sanitaria deixamos esta entrada para que poidades acceder ás obras de arte de diversos autores. Pulsa sobre as imaxes para acceder ás ligazóns.

MUSEO VAN GOGH

PABLO PICASSO.


SALVADOR DALÍ


jueves, 28 de mayo de 2020

POEMAS DENDE AS NOSAS CASAS





A distancia une. Ou así pensan os nosos alumnos, que dende a soidade do confinamento puideron elaborar esta preciosa poesía ilustrada que presentamos neste vídeo.

domingo, 24 de mayo de 2020

O MEU LIBRO PREFERIDO



https://drive.google.com/file/d/1I983vZatJAVGAmkAcLs5mIkVcrDxieWY/view


Un libro é un soño que tes nas túas mans. O noso alumnado quere facervos partícipes dos seus soños decindo cal é o seu libro preferido. Esperamos que disfrutedes con este video feito con moito agarimo.



domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


Hoxe é un día moi especial para nós e para as nosas letras. Como cada 17 de maio celebramos o día da nosa lingua. Nestas datas o noso cole énchese de actividades, celebracións e representacións arredor do homenaxeado. Este ano debido ás circunstancias, aplazaremos esa gran celebración pero desde as nosas aulas virtuais seguimos traballando en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado deste 2020.
Carvalho Calero foi un dos autores máis relevantes da cultura galega do século XX que destaca polo seu compromiso coa nosa lingua, polos seus ensaios sobre a  literatura galega e pola súa poesía e teatro.
Moi feliz día e apertas fortes de Leolea!

miércoles, 13 de mayo de 2020

"MONSTRO ROSA" de Olga de Dios



Monstro rosa é moi querido polo noso alumnado de Infantil, esperta neles unha chea de sentimentos: agarimo, ledicia, pena, amor...
Neste vídeo podedes ver as fantásticas versións deste gran monstro....

Moitos bicos de Leolea!





jueves, 7 de mayo de 2020

O CLUB DAS LERCHIÑAS


"O club das lerchiñas" é unha proposta enmarcada na campaña de lecer e formación #aculturasegue da Xunta. Esta iniciativa comezará a súa andadura o 9 de maio cunha emisión en liña todos os sábados ata o 6 de xuño.
Entre as lerchiñas atopamos a 6 contadoras galegas  de luxo, coñecidas e admiradas polo público infantil:
  • María Lado e Lucía Aldao- 9 de maio
  • Bea Campos- 16 de maio
  • Andrea Bayer- 23 de maio
  • Paula Carballeira- 30 de maio
  • Ledicia Costas- 6 de xuño
Como vedes, unha idea xenial para gozar os sábados en familia!

Ruxidos fortes de Leolea


miércoles, 29 de abril de 2020

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


Que gran traballo o realizado polos nenos e nenas de 4º con este fermosísimo poema de  Rosalía de Castro.
A poesía sempre é capaz de emocionarnos e tratándose da nosa Rosalía aínda máis...
Realmente precioso!

CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...