lunes, 26 de octubre de 2020

Cestas temáticas: O MEDO

 Feliz Día das Bibliotecas!

     Que mellor que celebralo cun chisquiño de lectura!

Para elo, a vosa biblioteca preparou unhas cestiñas temáticas

 cheas de fantásticas historias.

 Que pode apetecer mais nestes días chuviñentos?

Desta vez o tema central será: O MEDO!!!! 

 

Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns dos títulos que atoparedes nelas.

INFANTIL e 1º 


2º, 3º e 4º


5º e 6º

Agardo que as disfrutedes nos vosos tempos de lectura.


 Unha gran aperta ,

        Leolea


martes, 20 de octubre de 2020

ÚLTIMAS NOVIDADES LECTORAS

Boas tardes pequenos lectores!

Aquí vos deixo os novos títulos que acabamos de incorporar a nosa bilioteca. 

Pronto visitarei as vosas aulas para deixar que disfrutedes coa lectura dalgúns deles.

Desta vez, en castelán e en inglés.

CÓMIC

MEDO, BRUXAS,SAMAÍN,...



RELACIONADOS COA NATUREZA

 POESÍA


SOBRE O ARTE E O INXENIO MATEMÁTICO


EN INGLÉS...



Agardo que disfrutedes con todos eles!





lunes, 19 de octubre de 2020

CARTA e novo RETO de LEOLEA

                                           

Ola nenos e nenas do cole de Tenorio!

Por fin podemos volver a estar xuntos! Canto vos extrañei!

Neste curso tan especial non podemos recibir nin bicos nin apertas, mais podemos mostrar o agarimo de moitas outras maneiras.

O que mais me gusta do mundo é poder compartir convosco a miña paisón pola lectura e pensei que unha boa forma de facelo sería propoñervos pequenos desafíos relacionados cos libros.

Estades preparados? Seguro que si!

Sei que sodes uns valentes e os superaredes sen problema.

1º RETO (2º quincena de outubro): Basándonos no conto “Leaf Man”, crearemos dende o cole e as casas composicións artísticas con elementos da natureza propios do outono, empregando para elo follas de distintas formas e cores, puidendo usar landras, cogumelos, cabazas, castañas, paus,...

As vosas creacións deberédelas fotografiar e enviar antes do 30 de outubro ao meu correo electrónico: abibliodeleolea@gmail.com

Coas imaxes que reciba, e coa axuda da nosa auxiliar de conversa Elysse, darémoslle vida a unha nova versión desta historia, a cal compartiremos con todos vós a través do noso blog da biblioteca.

Biquiños grandes,

Leolea

PD: Para a semana do Samaín deixareivos preparada na nosa biblio un photocall misterioso. Ide escollendo algunha das lecturas das cestiñas de medo e ensaiade as vosas poses arrepiantes. Que o voso mestre vos saque unha foto e...Polo Samaín... tremeremos coa misteriosa presentación con todas elas.


(Prepareivos este collage con diversas propostas que vos servirán de inspiración)



CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...