viernes, 27 de marzo de 2020

RECURSOS ARREDOR DA LECTURA

Como #quedamosnacasa, o Equipo de Biblioteca elaborou un pequeno banco de recursos onde recollemos actividades relacionadas coa lectura, para que así poidades seguir gozando coa #horadeler na vosa casa. 

Ruxidos fortes de Leolea!



   

Contos cantados de Kalandraka TV

https://eloymoreno.com/wp-content/uploads/2020/03/CUENTOSCASA.pdf
Cuentos para quedarse en casa

- Descarga en PDF dos fantástico libros de Olga de Dios:

 




miércoles, 25 de marzo de 2020

CON MOITAS GANAS DE VÓS


Ahí vai o vídeo feito polos profes para o noso alumnado con todo o agarimo do mundo...
Temos moitas ganas de vós, de que o voso bullicio e as vosas risadas volvan encher o noso cole.
Todo pasará... MOITO ÁNIMO FAMILIAS! 

domingo, 22 de marzo de 2020

O AMOR

 

Durante as últimas semanas dedicamos o noso estante temático ao amor. Así puidemos aprender unha chea de cousas sobre os diferentes tipos de amor: o amor entre amigos, o amor aos animais e a natureza, o amor aos avós, irmáns, de papá e mamá...
A verdade é que é unha das cousas máis importantes que  temos na vida... non si?
Ruxidos fortes de Leolea

lunes, 16 de marzo de 2020

A NOSA NOVA MASCOTA


https://photos.google.com/album/AF1QipO2mKS4lKFFOV1UeSdR-Ms9qYVbohDLUl1OxYnz
       
 Este mércores tivo lugar na biblio a presentación da nosa nova mascota: Leolea, nome proposto polo alumnado, por suposto. Ademais os nenos e nenas recibiron os seus novos carnés da biblioteca para poder facer o préstamo de xeito informatizado e completamos a formación de usuarios iniciada no pasado trimestre.
 Ruxidos fortes para todos!
                                                                                 

martes, 10 de marzo de 2020

BENVIDOS

Ola !!!
Benvidos ao novo blog da biblioteca do cole de Tenorio.
Aquí atoparedes toda a información relacionada coa nosa biblio e coas actividades que realizamos.
Esperamos que sexa do voso agrado!
Saudiños!!!





CESTAS de POESÍA e IGUALDADE

Para poder superar o 3º reto proposto por Leolea, deixámosvos na biblioteca unhas cestiñas con recomendacións lectoras relacionadas coa igua...